aboutsummaryrefslogtreecommitdiffstats
path: root/galician/social_contract.wml
blob: 3b84c4385a83942e98f87cd33c8cff413749628a (plain) (blame)
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
#use wml::debian::template title="Contrato social de Debian" BARETITLE=true
#use wml::debian::translation-check translation="0f52c7e5a149db8184ce50fb99c50cf253a5834c" maintainer="Jorge Barreiro González"

{#meta#:
<meta name="keywords" content="social contract, dfsg, social contract,
dfsg, dfsg, debian social contract, dfsg">
:#meta#}

#  Original document: contract.html
#  Author           : Manoj Srivastava ( srivasta@tiamat.datasync.com )
#  Created On       : Wed Jul  2 12:47:56 1997

Versión 1.1 ratificada o 26 de abril de 2004. Substitúe á
versión 1.0, ratificada o 5 de Xullo de
1997.

O proxecto Debian, creador do sistema Debian, creou o contrato social
de Debian. As directrices de software libre
de Debian (DFSG), que son parte do contrato e foron inicialmente
deseñadas como un conxunto de obrigacións que aceptamos acatar, foron adoptadas
pola comunidade de software libre como a base da
defición de código aberto.

Contrato social coa comunidade de software libre

Debian permanecerá 100% libre

Proporcionamos as directrices que usamos para determinar se un traballo é
libre no documento titulado The Debian Free Software
Guidelines (As directrices de software libre de Debian). Prometemos
que o sistema Debian e todos os seus compoñentes serán libres de acordo con
esas directrices. Apoiaremos á xente que cree ou use tanto traballos libres
como non libres en Debian. Nunca faremos que o sistema requira un compoñente
non libre.

Contribuiremos á comunidade de software libre

Cando escribamos novos compoñentes do sistema Debian, licenciarémolos de
forma consistente coas directrices de software libre de Debian. Faremos o mellor
sistema que poidamos de forma que os traballos libres sexan amplamente
distribuídos e usados. Comunicaremos os arranxos de fallos, melloras, peticións
dos usuarios, etc. aos autores orixinais dos traballos
incluídos no noso sistema.

Non agocharemos os problemas

Manteremos a base de datos de informes de fallos completa aberta ao público
para a súa consulta en todo momento. Os informes que a xente cubra en liña serán
visíbeis aos demais sen demora.

As nosas prioridades son os usuarios e o software
libre

Guiarémonos polas necesidades dos nosos usuarios e da comunidade de
software libre. Poremos o seu interese como a primeira das nosas prioridades.
Apoiaremos as necesidades dos nosos usuarios para operar en moitos tipos
diferentes de ambientes de computación. Non poremos obxección a traballos non
libres pensados para ser usados en sistemas Debian, nin trataremos de poñer unha
taxa á xente que cree ou use eses traballos. Permitiremos a outros crear
distribucións contendo o sistema Debian e outros traballos, sen taxas
pola nosa parte. En persecución destes obxectivos proporcionaremos un sistema
integrado de materiais de alta calidade sen restricións legais que preveñan
estes usos do sistema.

Traballos que non cumpren os nosos estándares de software
libre

Sabemos que algúns dos nosos usuarios precisan do uso de traballos que non
seguen as directrices de software libre de Debian. Para estes traballos creamos
as áreas contrib e non-free no noso
arquivo. Os paquetes nestas áreas non son parte do sistema Debian, inda que
estean configuradas para ser usadas con Debian. Pedimos aos creadores de CDs que lean
as licenzas dos paquetes nestas áreas e determinen se poden distribuír os
paquetes nos seus CDs. Desta maneira, inda que os traballos non libres non
son parte de Debian, asistimos no seu uso e proporcionamos unha infraestrutura
para os paquetes non libres (como o sistema de seguimento de fallos ou as
listas de correo).

As directrices de software libre de Debian (The Debian Free
Software Guidelines - DFSG)

Libre redistribución

A licenza dun compoñente de Debian non poderá restrinxir a ningunha das
partes a venda ou dación do software como compoñente dunha distribución de
agregación de software que conteña aplicativos de diversas fontes. A licenza non
debe esixir compensación por dereitos de autor ou outras taxas por unha venta
deste tipo.

Código fonte

O aplicativo debe incluír o código fonte, e debe permitir a súa
distribución tanto como código fonte como en forma compilada.

Traballos derivados

A licenza debe permitir modificacións e traballos derivados, e debe
permitir ser distribuílos baixo os mesmos termos da licenza do software
orixinal.

Integridade do código fonte do autor

A licenza poderá restrinxir a distribución do código fonte modificado
se a licenza permite a distribución de
<tt>ficheiros de parches</tt> co código fonte co propósito de
modificar o aplicativo á hora de construílo. A licenza debe permitir
explicitamente a distribución de software construído a partir de código fonte
modificado. A licenza pode requirir que os traballos derivados leven un nome
distinto ou un número de versión distinto que o software orixinal. (Isto é
un compromiso. O grupo Debian anima aos autores a non restrinxir a modificación
de ningún ficheiro, sexa código fonte ou binario.)

Non discriminación de persoas ou grupos

A licenza non debe discriminar ningunha persoa ou grupos de
persoas.

Non discriminación por campo de aplicación

A licenza non debe restrinxir a ninguén o uso do aplicativo en
un campo concreto. Por exemplo, non debe restrinxir o uso do aplicativo nun
nun negocio, ou en investigación xenética.

Distribución da licenza

Os dereitos asociados ao aplicativo deben aplicar a todo aquel a quen
se lle redistribúa, sen necesidade da execución de ningunha licenza adicional
pola súa parte.

A licenza non debe ser específica para Debian

Os dereitos asociados ao aplicativo non deben depender de que o
programa sexa parte do sistema Debian. Se o aplicativo se extrae de Debian e se
usa ou distribúe sen Debian, pero sempre dentro dos termos da licenza do
aplicativo, todas as partes ás que se redistribúa o aplicativo deben ter os
mesmos dereitos que son concedidos en conxunción co sistema Debian.

A licenza non debe contaminar outro software

A licenza non debe por restricións a outro software que se distribúa
co software licenciado. Por exemplo, a licenza non debe insistir en que todos
os outros programas cos que sexa distribuído no mesmo medio deban ser software
libre.

Exemplos de licenzas

As licenzas GPL,
BSD, e
Artistic
son exemplos de licenzas que consideramos
libres.

O concepto de estabelecer o noso contrato social coa comunidade de
software libre foi suxerido por Ean Schuessler. Bruce Perens creou un
borrador deste documento, que foi refinado por outros desenvolvedores de
Debian en unha conferencia por correo electrónico que durou todo un mes, en
Xuño de 1997, e despois foi

aceptada como a política publicamente estabelecida do proxecto
Debian.

Máis tarde Bruce Perens quitou as referencias específicas a Debian das
directrices de software libre de Debian para crear a
definición de software
libre.

Outras organizacións poden basearse neste documento. Se o fan, por
favor, fagan referencia ao proxecto Debian.

© 2014-2024 Faster IT GmbH | imprint | privacy policy