aboutsummaryrefslogtreecommitdiffstats
path: root/galician
diff options
context:
space:
mode:
authorLaura Arjona Reina <larjona@debian.org>2021-08-14 23:53:35 +0200
committerLaura Arjona Reina <larjona@debian.org>2021-08-14 23:55:49 +0200
commit09a509e465b22ec19b5b3b04155d0998d0a844c7 (patch)
treefab49c25c3c0858a275186e63daa9d02cb6467e1 /galician
parent920388ee4c65bef82d24bd3b168f3c8179bc5454 (diff)
Add Galician translation for bullseye releaese announcement
Diffstat (limited to 'galician')
-rw-r--r--galician/News/2021/20210814.wml277
-rw-r--r--galician/News/2021/Makefile1
2 files changed, 278 insertions, 0 deletions
diff --git a/galician/News/2021/20210814.wml b/galician/News/2021/20210814.wml
new file mode 100644
index 00000000000..b9c6cfb973f
--- /dev/null
+++ b/galician/News/2021/20210814.wml
@@ -0,0 +1,277 @@
+<define-tag pagetitle>Publicación do Debian 11 bullseye</define-tag>
+<define-tag release_date>2021-08-14</define-tag>
+#use wml::debian::news
+#use wml::debian::translation-check translation="7ce619292bb7825470d6cb611887d68f405623ff" maintainer="Pablo <parodper@gmail.com>"
Tras 2 anos, 1 mes e 9 días de traballo o proxecto
+Debian está orgulloso de presentar a nova versión estable 11 (alcumada bullseye),
+que terá asistencia técnica para os seguintes 5 anos grazas ao esforzo de tanto o
+equipo de Seguridad de Debian
+como do equipo de Asistencia a Longo Prazo de Debian.
+Debian 11 bullseye inclúe varias aplicacións e ambientes de
+escritorio. Inclúense, entre outros, os seguintes ambientes:
Gnome 3.38,
KDE Plasma 5.20,
LXDE 11,
LXQt 0.16,
MATE 1.24,
Xfce 4.16.
Esta versión contén máis de 11.294 paquetes novos, en total 59.551 paquetes.
+Non se inclúen os máis de 9.519 paquetes que se marcaran coma obsoletos e
+que foron eliminados. Actualizáronse 42.821 paquetes, e 5.434 quedaron sen modificar.
+bullseye é a nosa primeira versión que inclúe un núcleo Linux con
+compatibilidade co formato exFAT, e úsao por omisión para montar discos exFAT.
+Grazas a isto xa non é preciso usar a implementación exFAT do tipo
+sistema-de-ficheiros-en-espazo-de-usuario incluída no paquete exfat-fuse. As
+ferramentas para crear e comprobar os discos exFAT inclúense no paquete exfatprogs.
+A maioría das impresoras modernas son capaces de imprimir sen controladores,
+e de escanear sen precisar os controladores do fabricante, que non soen ser libres.
+bullseye inclúe un novo paquete, ipp-usb, que usa o protocolo independente
+IPP sobre USB, compatible con moitas impresoras modernas. Isto permite se poida usar
+un dispositivo USB como se fora un dispositivo de rede. O sistema de fondo sen
+controladores oficial de SANE é sane-escl, do paquete libsane1, que usa o protocolo
+eSCL.
+Systemd en bullseye activa por omisión o rexistro permanente, co almacenamento
+volátil como respaldo implícito. Isto permite que os usuarios que non usen características
+específicas poidan desinstalar os vellos daemons rexistradores, e pasen a usar só o
+rexistro de systemd.
+O equipo de Debian Med está a contribuír na loita contra a COVID-19,
+empaquetando os programas para a investigación da secuencia do virus e
+para a loita contra a pandemia coas ferramentas usadas en epidemioloxía.
+O equipo continuará centrándose nas ferramentas usadas nos dous campos
+para o aprendizaxe automático. A colaboración con Control de Calidade e
+Integración Continua é moi importante para obter resultados reproducibles,
+que son a base da ciencia moderna.
+A Mestura Debian Med ten un conxunto de aplicacións, que precisan ter un alto
+rendemento, que xa se poden beneficiar de SIMD a Esgalla. Para instalar os paquetes
+que mantén o equipo Debian Med instale os metapaquetes chamados med-*, que están
+na versión 3.6.x.
+A partir de agora moitos idiomas, como o chinés, o xaponés ou o coreano; terán un novo
+método de entrada de Fcitx 5, que é o sucesor do famoso Fcitx4 en buster.
+Esta nova versión ten maior compatibilidade cos engadidos de Wayland (o xestor de
+pantallas por omisión).
+Debian 11 bullseye actualizou moitos paquetes e programas (máis de
+o 72% dos paquetes da versión anterior), por exemplo:
Apache 2.4.48
BIND DNS Server 9.16
Calligra 3.2
Cryptsetup 2.3
Emacs 27.1
GIMP 2.10.22
GNU Compiler Collection 10.2
GnuPG 2.2.20
Inkscape 1.0.2
LibreOffice 7.0
series 5.10 do núcleo Linux
MariaDB 10.5
OpenSSH 8.4p1
Perl 5.32
PHP 7.4
PostgreSQL 13
Python 3, 3.9.1
Rustc 1.48
Samba 4.13
Vim 8.2
máis de 59.000 paquetes preparados, compilados a partir de
+máis de 30.000 paquetes fonte.
+### Check numbers for 29,000 source packages -DN
+Esta grande selección de paquetes, e a tradicional extensa compatibilidade
+con moitas arquitecturas, amosa como Debian se mantén fiel ao obxectivo
+de ser O Sistema Operativo Universal. Debian é axeitado para usarse
+de moitas formas: xa for coma sistema de escritorio, para portátiles, para
+servidores de desenvolvemento, para sistemas múltiples; ou para servidores
+de almacenamento, web ou bases de datos. Tamén os controis de calidade,
+coma a instalación automática e as probas ao actualizar, realizados a todos
+os paquetes do arquivo de Debian asegurase de que bullseye cumpre
+as grandes expectativas que os usuarios poñen nas versións estables de Debian.
+Debian é compatible con nove arquitecturas:
+PC de 64 bits / Intel EM64T / x86-64 (amd64),
+PC de 64 bits / Intel IA-32 (i386),
+Motorola de 64 bits con extremidade menor/IBM PowerPC (ppc64el),
+IBM S/390 de 64 bits (s390x),
+para ARM, armel
+e armhf para sistemas de 32 bits novos e vellos,
+xunto con arm64 para a arquitectura de 64 bits AArch64,
+e para MIPS, arquitecturas mipsel (extremidade menor) para os sistemas de 32 bits
+e mips64el para os sistemas de 64 bits con extremidade menor.
Quere probalo?
+Se só quere probar Debian 11 bullseye sen instalalo pode
+usar calquera das imaxes en vivo («live»), que cargan e inician
+o sistema operativo, en modo de só lectura, na memoria do ordenador.
+Hai imaxes en vivo para as arquitecturas amd64 e
+i386, e hai versións para DVD, unidades USB e arranque
+dende a rede. O usuario pode escoller entre os distintos ambientes de
+escritorio: GNOME, KDE Plasma, LXDE, LXQt, MATE e Xfce.
+Debian Live bullseye ten unha imaxe en vivo normalizada, polo que é posible
+probar un sistema Debian básico, sen ningunha interface gráfica.
+Se lle agrada o sistema operativo ten a opción de instalalo dende a imaxe
+cara o disco duro do ordenador. A imaxe inclúe tanto o instalador independente
+Calamares coma o Instalador propio de Debian.
+Pode atopar máis información nas
+notas da versión e na
+sección instalar imaxes en vivo, no sitio
+web de Debian.
+Se quere instalar Debian 11 bullseye directamente no disco duro
+do seu ordenador pode escoller entre unha grande variedade de métodos de
+instalación, como Blu-ray, DVD, CD, unidades USB ou a través dunha conexión
+de rede. Mediante esas imaxes pódense instalar unha variedade de aplicacións e
+ambientes de escritorio — Cinnamon, GNOME, KDE Plasma Desktop, LXDE, LXQt,
+MATE e Xfce —.
+Ademais tamén hai discos CD poliarquitectura, que permiten instalar a
+un conxunto de arquitecturas a partir do mesmo disco. Ou sempre queda a opción
+de crear unha unidade USB iniciable
+(consulte a Guia de Instalación para máis detalles).
+# Translators: some text taken from /devel/debian-installer/News/2021/20210802
+Realizamos moitas modificacións no Instalador de Debian,
+o que resultou nunha mellor compatibilidade co «hardware»,
+e outras características.
+Nalgúns casos unha instalación exitosa pode ter problemas coa pantalla,
+ao reiniciar no sistema instalado. Para estes casos hai algúns
+arranxos dispoñibles
+que poden permitir iniciar sesión de calquera forma.
+Tamén hai un
+método usando o isenkram
+que permite que os usuarios detecten e instalen o microcódigo necesario
+nos seus sistemas, de maneira automática. Por suposto, débense contrastar
+os pros e contras de usar esta ferramenta, pois é probable que teña que
+instalar paquetes non libres.
+ Ademais disto, a
+ imaxe non libre do instalador que inclúe paquetes co microcódigo
+ foi mellorada para que poida anticipar o microcódigo necesario
+ no sistema instalado (por exemplo, para as tarxetas gráficas de AMD
+ ou Nvidia; ou para os sistemas de audio de Intel de última xeración).
+Para os usuarios da nube Debian ofrece soporte técnico directo
+para moitas das plataformas da nube máis importantes. As imaxes
+oficiais de Debian son fáciles de obter dende o mercado de cada imaxe.
+Debian tamén publica imaxes OpenStack precompiladas
+para as arquitecturas amd64 e arm64,
+xa listas para descargar e usar en nubes locais.
+Debian está dispoñible en 76 idiomas, a maioría deles dispoñibles
+tanto nas interfaces de texto como nas interfaces gráficas.
+As imaxes de instalación pódense descargar dende
+bittorrent (forma recomendada),
+jigdo, ou
+HTTP; véxase
+Debian en CD para máis información. bullseye estará
+dispoñible en discos DVD, CD-ROM e Blu-Ray físicos dentro de pouco;
+tamén se poderán obter mediante moitos vendedores.
Actualizar Debian
+As actualizacións a Debian 11 dende a versión anterior, Debian 10
+(alcumada buster), son xestionadas automaticamente na maioría
+de configuracións pola ferramenta de xestión de paquetes APT.
+En bullseye a suite de seguridade chámase bullseye-security, e os usuarios
+deberían adaptar os seus ficheiros coas fontes de APT, segundo for necesario
+ao actualizar. Se configurou APT para conxelar paquetes ou usar APT::Default-Release
+é probable que teña que mudar cousas. Consulte a sección
+Cambios na estrutura do arquivo de seguridade
+das notas da versión para máis información.
+Se está a actualizar de forma remota teña en mente a sección
+Imposible conectarse mediante SSH durante a actualización.
+Coma sempre os sistemas Debian deberían actualizarse sen problemas, no sitio,
+sen ningún momento de pausa; pero recomendamos ler as notas da versión
+para informarse dos posibles problemas, e por as instrucións detalladas sobre
+como instalar e actualizar. Segundo pasen as semanas as notas da versión seguirán mellorándose
+e traducíndose a outros idiomas.
Sobre Debian
+Debian é un sistema operativo libre, desenvolto por
+milleiros de voluntarios de todo o mundo, que colaboran mediante
+o Internet. Os fundamento do proxecto Debian son os seus colaboradores,
+a dedicación ao Contrato Social de Debian e o Software Libre; e o seu
+compromiso a manter o mellor sistema operativo posible. Esta nova versión
+é outro importante paso nesa dirección.
Información de Contacto
+Para máis información visite as páxinas web de Debian en
+https://www.debian.org/ ou envíe un correo electrónico a
diff --git a/galician/News/2021/Makefile b/galician/News/2021/Makefile
new file mode 100644
index 00000000000..f70216c7268
--- /dev/null
+++ b/galician/News/2021/Makefile
@@ -0,0 +1 @@
+include $(subst webwml/galician,webwml/english,$(CURDIR))/Makefile
© 2014-2024 Faster IT GmbH | imprint | privacy policy