aboutsummaryrefslogtreecommitdiffstats
path: root/galician/MailingLists/index.wml
blob: c8d955e9ad33d727029b50a5b96ee0bca7afb940 (plain) (blame)
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
199
200
201
202
203
204
205
206
207
208
209
210
211
212
213
214
215
216
217
218
219
220
221
222
223
224
225
226
227
228
229
230
231
232
233
234
235
236
237
238
239
240
241
242
243
244
245
246
247
248
249
250
251
252
253
254
255
256
257
258
259
260
261
262
263
264
265
#use wml::debian::template title="Listas de correo"
#use wml::debian::toc
#use wml::debian::translation-check translation="4ec1ce04da948dcf372b4df03224506807d8a980" maintainer="Jorge Barreiro González"
<toc-display/>
<toc-add-entry name="intro">Introdución</toc-add-entry>
Debian desenvólvese de forma distribuída en
todo o mundo. Por iso o correo electrónico é o medio preferido para
debater os diversos temas. A maioría das conversas entre desenvolvedores de
Debian e usuarios xestiónase a través de varias
listas de correo.
Hai moitas listas públicas, o que significa que calquera pode ler o que
se envíe e participar nas discusións. Animamos a todo o mundo a axudar no
desenvolvemento de Debian e a correr a voz sobre o software libre. Tamén hai
unhas poucas listas dispoñíbeis só para os desenvolvedores oficiais de Debian;
o que non debe interpretarse como un desenvolvemento pechado, simplemente ás
veces non ten moito sentido discutir temas internos cos non desenvolvedores.
Todas as listas de correo orixinais de Debian se executan nun servidor
especial, usando un software de procesado automático de correo chamado SmartList.
Este servidor chámase
lists.debian.org.
Todas as mensaxes de envíos, subscrición e baixa teñen que ser enviadas
a un enderezo concreto desta máquina.
<toc-add-entry name="basics">Uso básico</toc-add-entry>
Cada lista de correo de Debian ten un enderezo de envío da forma
<kbd><var>nomedalista</var>@lists.debian.org</kbd>, un enderezo de petición de
control coa forma <kbd><var>nomedalista</var>-request@lists.debian.org</kbd>,
e unha páxina web en <kbd>https://lists.debian.org/<var>nomedalista</var>/</kbd>.
Para enviar un correo a unha lista, simplemente envíeo ao enderezo de envío.
Para subscribirse a unha lista e poder ler os correos en canto chegan, ou para
darse de baixa da lista, use o enderezo de petición de control
(lea máis adiante).
A lista actual das listas de correo dispoñíbeis está en
<url "https://lists.debian.org/">, e preséntase tanto ordenada por tema como
sen ordenar.
Tamén mantemos unhas estatísticas
de uso das listas de correo: comprobe a media de envíos antes de subscribirse
a unha lista para evitar recibir unha marea de correos.
<toc-add-entry name="disclaimer">Descargo de responsabilidades / Política de privacidade / Información legal</toc-add-entry>
As listas de correo son foros públicos.
Todos os correos enviados ás listas se distribúen aos subscritores da lista e
cópianse no arquivo público, para que a
xente poida navegar ou
buscar sen necesidade de
subscribirse.
Ademais, pode navegar as nosas listas de correo como grupos de noticias de
Usenet. Pode facerse usando unha interface web, como
Google
Pode haber outros lugares onde se distribúan as listas. Asegúrese de non enviar
nunca material confidencial ou sen licenza ás listas. Isto inclúe os
enderezos de correo electrónico. Avísase especialmente do feito de que se sabe
que «spammers», viruses e vermes teñen utilizado enderezos de correo enviados
ás nosas listas de correo.
Debian mantén as listas de correo de boa fe e tomará medidas para frear os
abusos e manter ininterrompido o servizo normal. Ao mesmo tempo, Debian non se
fai responsábel de ningún dos envíos ás listas de correo nin de nada do que
poida suceder con relación a eles.
Consulte o noso descargo de responsabilidade para
obter máis información.
<toc-add-entry name="subunsub">Subscrición / Baixa</toc-add-entry>
Calquera pode subscribirse/darse de baixa por si mesmo de calquera lista de
correo, supoñendo que a política de subscrición desa lista sexa aberta.
Pode usar simples formularios web para subscribirse ou darse de baixa dunha
lista concreta, dispoñíbeis nas respectivas páxinas web en
<url "https://lists.debian.org/">.
Para subscribirse ou darse de baixa de varias listas de correo á vez, use os
formularios web de subscricións ou
baixas, respectivamente.
A páxina anterior tamén inclúe descricións e a política de subscrición de cada
lista.
A petición de subscrición ou baixa tamén pode ser enviada por correo
a un enderezo especial de control, que é lixeiramente diferente do enderezo da
lista. As mensaxes de subscrición ou baixa NON deben enviarse
ao enderezo da propia lista.
Para subscribirse ou darse de baixa dunha lista de correo, envíe un correo a
coa palabra subscribe ou unsubscribe no asunto.
Recorde o «-REQUEST» no enderezo.
Como parte do proceso de subscrición, o software da lista enviaralle un correo
ao que debe responder para finalizar a subscrición. Esta é unha medida de
seguridade para evitar que a xente poida subscribir a outros ás listas sen o
seu permiso.
Fallos comúns no proceso de subscrición / baixa
Recorde que unha petición de baixa debe ser enviada desde o
enderezo que está subscrito. De non ser posíbel, o asunto da mensaxe debe
ser: unsubscribe
<var>enderezosuscrito@dominio.suscrito</var>, ou pode usar o formulario
web de baixa.
Se recibe correo dunha lista de correo pero non pode atopar o enderezo co cal
está subscrito, pode mirar as cabeceiras completas das mensaxes recibidas, que
conterán algo como isto:
From bounce-debian-foo=quux=example.com@lists.debian.org  Tue Apr 22 01:38:14 2003
Isto dille con certeza que a lista en cuestión se chama debian-foo
e que o enderezo subscrito é quux@example.com. Neste caso ficticio
enviaría un correo a <kbd>debian-foo-request@lists.debian.org</kbd> con
<kbd>unsubscribe quux@example.com</kbd> no campo «Asunto».
Desafortunadamente é imposible agora mesmo subscribirse cun nome de usuario
que encaixe ca comprobación de «procmail» de correo que vén dun servizo. Isto
significa que un nome de usuario non pode ter as cadeas mail,
admin, root, master ou similares nel (consulte
<kbd>procmailrc(5)</kbd> para FROM_DAEMON).
Outra limitación coñecida do software das nosas listas de correo é que a
maioría dos correos electrónicos rexeitados fano silenciosamente, polo que o
usuario non ten ningunha indicación sobre o que puido ir mal. Por exemplo, é
moi común que a xente trate de subscribirse cun enderezo que xa está
subscrito: SmartList simplemente ignorará ese correo.
Se non está seguro de se está subscrito a unha das nosas listas de correo,
envíe un correo a <email majordomo@lists.debian.org> con
<kbd>which <var>o.teu.enderezo@de.correo</var></kbd> no corpo da mensaxe.
Hai máis información sobre este servizo (chamado MajorSmart)
dispoñíbel enviando outro correo ó mesmo enderezo con
<kbd>help</kbd> no corpo da mensaxe.
<toc-add-entry name="codeofconduct">Código de conduta</toc-add-entry>
Cando use as listas de correo de Debian prégaselle que siga estas regras:
As listas de correo existen para fomentar o desenvolvemento e uso de Debian.
As mensaxes non construtivas ou que non teñan que ver co tema, entre outros
abusos, non serán benvidas.
Non envíe correo lixo (spam)
; consulte a política de publicidade máis abaixo.
Envíe todos os seus correos en inglés. Use só outros idiomas nas listas
onde iso está explicitamente permitido (por exemplo, castelán na lista debian-user-spanish).
Asegúrese de que está a usar a lista correcta. En concreto, non envíe
cuestións de usuarios a unha lista sobre desenvolvemento.
Escriba liñas de 80 caracteres ou menos para as discusións normais. As
liñas de máis de 80 caracteres son aceptábeis para a saída xerada por ordenador
(por exemplo, <kbd>ls -l</kbd>).
Non envíe mensaxes automáticas de fora da oficina ou
de vacacións.
Non envíe mensaxes de proba para saber se o seu cliente de correo
funciona.
Non envíe peticións de subscrición ou baixa ao enderezo da lista;
use o enderezo <tt>-request</tt> respectivo no seu lugar.
Nunca envíe mensaxes en HTML; en vez diso use texto plano.
Evite enviar adxuntos grandes.
Non cite mensaxes que lle foron enviadas por outros nun correo privado,
a menos que teño o seu consentimento de antemán.
Cando responda a mensaxes na lista de correos, non envíe unha copia (campo CC)
ao autor orixinal a menos que este o pedise explicitamente.
Se quere queixarse a alguén que lle enviou unha copia cando vostede non a
pediu, fágao en privado.
Se envía mensaxes a listas ás que non está subscrito, coménteo no corpo
da súa mensaxe.
Non use palabras obscenas; entre outras cousas algunhas persoas reciben as listas a través de
radio por paquetes, onde a linguaxe obscena é ilegal.
Trate de non
provocar; non é de boa educación.
Use sempre o sentido común.
<toc-add-entry name="maintenance">Mantemento das listas</toc-add-entry>
Se quere pedir unha nova lista de correos, lea o
HOWTO.
Se ten problemas para subscribirse ou darse de baixa, asegúrese de ter
seguido o procedemento correcto
antes de tratar de contactar connosco. Asegúrese de que leu
os problemas relacionados coa subscrición/baixa.
Para contactar co mantedor das listas, envíe un correo en inglés
a <email "listmaster@lists.debian.org">.
Tamén pode encher un informe de erro
no pseudo-paquete
lists.debian.org.
Se non puido darse de baixa dunha lista de correo, inclúa unha copia de todas
as cabeceiras dunha mensaxe de exemplo que recibira de esa lista no seu correo.
<toc-add-entry name="ads">Política de publicidade nas listas de correo de Debian /
Loita contra o correo lixo</toc-add-entry>
O envío de calquera tipo de correo masivo non solicitado (tamén coñecido como
correo lixo ou spam) a calquera das listas de Debian está prohibido.
Aos autores destes envíos poderánselle bloquear os envíos ás listas e ser
notificados ás autoridades relevantes.
Os xestores das listas de Debian fan todo o que poden para evitar que cheguen
ás listas tantos destes correos como sexa posíbel. Un día normal bloquéanse
máis de 40.000 destas mensaxes.
Moitas das regras que usamos para bloquear aos «spammers» e ás súas mensaxes
fóronnos notificadas polos subscritores. Se quere axudar a reducir a cantidade de
correo lixo inda máis, apreciarase moito a súa axuda.
Para notificar o correo lixo correctamente terá que facer o seguinte:
Atope unha copia da mensaxe nos
arquivos da lista.
Atope unha regra de SpamAssassin que detecte este tipo de correo lixo.
Teña en mente que esta regra se aplicará a todas as listas, e que queremos manter
os falsos positivos ao mínimo. (pode ver o conxunto das nosas regras en <url
"https//svn.debian.org/viewsvn/pkg-listmaster/trunk/spamassassin_config/">)
Envíe un correo a <email "listmaster@lists.debian.org"> coa
URL exacta da mensaxe e a citada regra de filtro, de ser posíbel.
Terá unha resposta en cando en canto atendamos o seu envío.
Teña en conta que só se actuará nas mensaxes de correo lixo notificadas que se
enviaran nas últimas horas, porque non ten sentido ter regras de filtrado antigas.
Ademais, non envíe listas de regras preempaquetadas que atope nalgún lugar.
Moi raras veces dan bos resultados nas nosas listas, que reciben
un tráfico bastante especial.
Non permita que ningún correo dos que reciba dunha lista de Debian se envíe a
un sistema automático de notificacións de correo lixo. Facelo normalmente dana a
todos os usuarios e obrigaranos a impedir que reciba tráfico das listas de Debian
ata que probe que non o volverá a facer.
Pode atopar máis esforzos para reducir o correo lixo nas listas e no arquivo
<url "https://lists.debian.org/"> en
<url "https://wiki.debian.org/Teams/ListMaster/ListArchiveSpam">
© 2014-2024 Faster IT GmbH | imprint | privacy policy