#use wml::debian::template title="Contrato social de Debian" BARETITLE=true #use wml::debian::translation-check translation="0f52c7e5a149db8184ce50fb99c50cf253a5834c" maintainer="Jorge Barreiro González" {#meta#: :#meta#} # Original document: contract.html # Author : Manoj Srivastava ( srivasta@tiamat.datasync.com ) # Created On : Wed Jul 2 12:47:56 1997
Versión 1.1 ratificada o 26 de abril de 2004. Substitúe á versión 1.0, ratificada o 5 de Xullo de 1997.
O proxecto Debian, creador do sistema Debian, creou o contrato social de Debian. As directrices de software libre de Debian (DFSG), que son parte do contrato e foron inicialmente deseñadas como un conxunto de obrigacións que aceptamos acatar, foron adoptadas pola comunidade de software libre como a base da defición de código aberto.
Contrato socialcoa comunidade de software libre
Proporcionamos as directrices que usamos para determinar se un traballo é
libre
no documento titulado The Debian Free Software
Guidelines (As directrices de software libre de Debian)
. Prometemos
que o sistema Debian e todos os seus compoñentes serán libres de acordo con
esas directrices. Apoiaremos á xente que cree ou use tanto traballos libres
como non libres en Debian. Nunca faremos que o sistema requira un compoñente
non libre.
Cando escribamos novos compoñentes do sistema Debian, licenciarémolos de
forma consistente coas directrices de software libre de Debian. Faremos o mellor
sistema que poidamos de forma que os traballos libres sexan amplamente
distribuídos e usados. Comunicaremos os arranxos de fallos, melloras, peticións
dos usuarios, etc. aos autores orixinais
dos traballos
incluídos no noso sistema.
Manteremos a base de datos de informes de fallos completa aberta ao público para a súa consulta en todo momento. Os informes que a xente cubra en liña serán visíbeis aos demais sen demora.
Guiarémonos polas necesidades dos nosos usuarios e da comunidade de software libre. Poremos o seu interese como a primeira das nosas prioridades. Apoiaremos as necesidades dos nosos usuarios para operar en moitos tipos diferentes de ambientes de computación. Non poremos obxección a traballos non libres pensados para ser usados en sistemas Debian, nin trataremos de poñer unha taxa á xente que cree ou use eses traballos. Permitiremos a outros crear distribucións contendo o sistema Debian e outros traballos, sen taxas pola nosa parte. En persecución destes obxectivos proporcionaremos un sistema integrado de materiais de alta calidade sen restricións legais que preveñan estes usos do sistema.
Sabemos que algúns dos nosos usuarios precisan do uso de traballos que non
seguen as directrices de software libre de Debian. Para estes traballos creamos
as áreas
e contrib
no noso
arquivo. Os paquetes nestas áreas non son parte do sistema Debian, inda que
estean configuradas para ser usadas con Debian. Pedimos aos creadores de CDs que lean
as licenzas dos paquetes nestas áreas e determinen se poden distribuír os
paquetes nos seus CDs. Desta maneira, inda que os traballos non libres non
son parte de Debian, asistimos no seu uso e proporcionamos unha infraestrutura
para os paquetes non libres (como o sistema de seguimento de fallos ou as
listas de correo).
non-free
Libre redistribución
A licenza dun compoñente de Debian non poderá restrinxir a ningunha das partes a venda ou dación do software como compoñente dunha distribución de agregación de software que conteña aplicativos de diversas fontes. A licenza non debe esixir compensación por dereitos de autor ou outras taxas por unha venta deste tipo.
Código fonte
O aplicativo debe incluír o código fonte, e debe permitir a súa distribución tanto como código fonte como en forma compilada.
Traballos derivados
A licenza debe permitir modificacións e traballos derivados, e debe permitir ser distribuílos baixo os mesmos termos da licenza do software orixinal.
Integridade do código fonte do autor
A licenza poderá restrinxir a distribución do código fonte modificado
só se a licenza permite a distribución de
ficheiros de parches
co código fonte co propósito de
modificar o aplicativo á hora de construílo. A licenza debe permitir
explicitamente a distribución de software construído a partir de código fonte
modificado. A licenza pode requirir que os traballos derivados leven un nome
distinto ou un número de versión distinto que o software orixinal. (Isto é
un compromiso. O grupo Debian anima aos autores a non restrinxir a modificación
de ningún ficheiro, sexa código fonte ou binario.)
Non discriminación de persoas ou grupos
A licenza non debe discriminar ningunha persoa ou grupos de persoas.
Non discriminación por campo de aplicación
A licenza non debe restrinxir a ninguén o uso do aplicativo en un campo concreto. Por exemplo, non debe restrinxir o uso do aplicativo nun nun negocio, ou en investigación xenética.
Distribución da licenza
Os dereitos asociados ao aplicativo deben aplicar a todo aquel a quen se lle redistribúa, sen necesidade da execución de ningunha licenza adicional pola súa parte.
A licenza non debe ser específica para Debian
Os dereitos asociados ao aplicativo non deben depender de que o programa sexa parte do sistema Debian. Se o aplicativo se extrae de Debian e se usa ou distribúe sen Debian, pero sempre dentro dos termos da licenza do aplicativo, todas as partes ás que se redistribúa o aplicativo deben ter os mesmos dereitos que son concedidos en conxunción co sistema Debian.
A licenza non debe contaminar outro software
A licenza non debe por restricións a outro software que se distribúa co software licenciado. Por exemplo, a licenza non debe insistir en que todos os outros programas cos que sexa distribuído no mesmo medio deban ser software libre.
Exemplos de licenzas
As licenzas GPL
,
BSD
, e
Artistic
son exemplos de licenzas que consideramos
libres
.
O concepto de estabelecer o noso contrato social coa comunidade de
software libre
foi suxerido por Ean Schuessler. Bruce Perens creou un
borrador deste documento, que foi refinado por outros desenvolvedores de
Debian en unha conferencia por correo electrónico que durou todo un mes, en
Xuño de 1997, e despois foi
\
aceptada como a política publicamente estabelecida do proxecto
Debian.
Máis tarde Bruce Perens quitou as referencias específicas a Debian das
directrices de software libre de Debian para crear a
definición de software
libre
.
Outras organizacións poden basearse neste documento. Se o fan, por favor, fagan referencia ao proxecto Debian.